Entregadas as Medallas de Galicia 2022

1 minutes read

Ás 13:00 horas deste domingo comezaba o acto de entrega das Medallas de Galicia no Museo do Gaiás. O acto estivo presidido polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado dos membros do Goberno autonómico.

Rueda, defendeu que Galicia «non é un pobo que vexa con receo os demais nin que considere as diferenzas ameazas» durante a cerimonia de entrega das Medallas de Ouro de Galicia, que este ano recoñeceron o labor de persoas e entidades que traballan no coidado e promoción do Camiño de Santiago.

Recibiron a Medalla de Ouro Julián Barrio, arcebispo de Santiago; a Asociación Discamino de Santiago; Paolo Caucci, presidente do Comité de Expertos do Camiño de Santiago; Begoña Valdomar, hospitaleira da Asociación Galega de Amigos do Camiño e Xosé Carro, médico e antropólogo.

Pechou as intervencións o presidente da Xunta, que comparou os valores do pobo galego cos da ruta xacobea e defendeu que non é casual que Galicia sexa orixe e destino do Camiño.