Entregadas as plantas de temporada retiradas dos xardíns de Carballo

1 minutes read

Este primeiro reparto dirixiuse en exclusiva ás persoas que participan nos programas de compostaxe do Concello de Carballo, tanto na zona urbana, coa chave que abre os contedores marróns, coma na rural, cos composteiros individuais. Nestes momentos hai 1.472 familias comprometidas co proxecto medioambiental “Ti tes a chave”, e a elas sumáronse este xoves outras 24. En canto á compostaxe doméstica, aos 716 que hai repartidos por todo o territorio municipal haberá que engadir outros 10 solicitados este xoves.  

Os veciños e as veciñas que non puideron achegarse este xoves a recoller as plantas terán unha nova oportunidade este domingo. Ademais, o posto informativo seguirá aberto tamén para tramitar novas solicitudes de participación ou para que as persoas que utilizan os colectores marróns poidan recoller bolsas compostables. Todo o material que se facilita nos programas é de balde. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?