0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado dos delegados territoriais da Xunta na Coruña e Ferrol, Gonzalo Trenor e Martina Aneiros, respectivamente, participaron na entrega de tendas de campaña de emerxencias destinadas ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) da provincia da Coruña. En concreto, beneficiáronse destas dotacións as agrupacións dos concellos de Malpica, Betanzos, Boiro, Narón, Cabanas, Carnota, Dumbría e Fisterra. As tendas de campaña están habilitadas para ser despregadas en situacións de emerxencia e ofrecen ademais facilidades para o seu transporte, montaxe e desmontaxe.