O Premio Iniciativa Emprendedora desta 24 edición recaeu en Ceus World, que se dedica a protexer e salvagardar a vida das persoas en espazos acuáticos naturais mediante a súa app CEUS APP, permitindo unha comunicación eficaz e directa entre bañistas e socorristas.
O Vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, parabenizou a empresa galardoada, e tamén a AJE pola iniciativa, destacando que «somos unha provincia de talento, creatividade, cun capital humano disposto a traballar e a crear oportunidades». Neste sentido, fixo referencia ao Plan de Emprego Local da Deputación. «Fomos máis aló das nosas competencias como administración local, emprendendo – nunca mellor dito – o reto de sacar adiante un Plan de Emprego Local cunha dotación de máis de 25 millóns de euros, para contribuir á xeración de emprego e tamén premiar e destacar a iniciativa empresarial a través dos premios PeL».