Entregado o Premio Trasalba 2020

1 minutes read

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou en Ourense na entrega do Premio Trasalba 2020 da Fundación Otero Pedrayo, que recaeu no escultor Manuel Buciños, a quen o representante da Xunta felicitou tanto polo galardón como pola súa traxectoria ao ser un dos artistas con máis obra nas principais cidades e vilas galegas, que están integradas na paisaxe urbana e tamén na vida dos cidadáns que gozan delas en rúas e prazas a diario.

Trátase dun recoñecemento co que se distingue o traballo do artista na súa defensa e espallamento da lingua e cultura galega. A Fundación Otero Pedrayo -que conta co apoio da Xunta de Galicia para colaborar nas súas actividades- suma así a Manuel Buciños a unha lista que integran nomes tan destacados como Luz Pozo Garza, Agustín Fernández Paz, Antón Pulido ou Xosé Neira Vilas, entre outros.