Entregados en Carballo os premios do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Este martes tivo lugar no Pazo da Cultura de Carballo a entrega dos premios correspondentes a 21ª edición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. No acto estiveron presentes ademáis dos premiados (1.-Teresa Búa, 2.-Basilio José Bello, 3.-César López e 4.-Juan Rodríguez), familiares do finado Xosé Manuel Eirís, membros da Fundación Luis Calvo Sanz, o concelleiro de Cultura e Deporte Marcos Trigo e o alcalde de Carballo Evencio Ferrero. A exposición das instantáneas quedou inaugurada, e pode verse ata o 26 de maio na sala de exposicións do terceiro andar do Pazo da Cultura.

Familiares, patrocinadores, premiados e autoridades asistentes a entrega de premios.


Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha