Entregados en Cee os Premios Académicos Fernando Blanco Curso 2022-2023

3 minutes read

Fermosa e Emotiva mañá de venres a desenvolvida no salón de actos do IES de Cee, con motivo da entrega da XII edición dos Premios Fernando Blanco correspondentes ao curso 2022-2023, os cales estiveron organizados conxuntamente pola Fundación Fernando Blanco de Lema e polo IES Fernando Blanco de Cee, e que contan coa colaboración varias firmas comerciais.
O acto contou coa presenza da Inspectora de Educación, Magdalena Duarte Blanco, da Alcaldesa de Cee e concelleiros das distintas formacións políticas, de representantes dos establecementos colaboradores, integrantes do Padroado da Fundación, equipo directivo e profesorado do IES Fernando Blanco, familias e alumnado de distintos cursos.

O acto comezou coa tradicional ofrenda floral no sepulcro do fundador, situado na capela do centro educativo, o cal foi depositado polo alumnado premiado nesta XII Edición como mostra de cariño, admiración e eterna gratitude, e acompañado polos acordes do Himno do Antigo Reino de Galicia interpretado maxistralmente á gaita pola alumna Iria Picallo.
Os discursos da cerimonia correron a cargo de Darío Areas Domínguez (Secretario da Fundación), do alumnado premiado, De Sonia Lopez, Directora do Instituto e de Margarita Lamela, Alcaldesa de Cee, a cal foi a encargada de pechalo evento.

En todos eles estivo moi presente a figura de D. Fernando Blanco de Lema, todos quixeron louvar a súa figura e o seu altruísmo, froito do cal, Cee conta cun dos centros educativos de referencia de Galicia dende finais do século XIX, e motor do desenvolvemento educativo, cultural e social da vila.
Pero tamén tivo un protagonismo moi especial o centenario abeto grego que se derrubaba na tarde do martes 17, e do que todos coincidiron en sinalar a perda que supoñía para a vila de Cee.
Os Premios Fernando Blanco están destinadas a agasallar aos mellores expedientes académicos de distintos cursos impartidos no instituto ceense.

As notas dos premiados/as desta edición oscilaron entre o 8,83 e o 10. De feito, era requisito imprescindible para optar a ditos Premios, ter tódalas materias aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5,
Cada un dos Premios está valorado en 500 € (220 € en metálico e 280 € en vales de compra doados polos establecementos colaboradores).
A música da cerimonia estivo a cargo das alumnas Candela, Lucía e Claudia, e dos profesores Sofía e André, que interpretaron “Tu gitana” de Luar na Lubre e “Imagine” de John Lennon.

Os premiados nesta octava edición dos Premios Fernando Blanco foron:

Manuel Orazio Ozón Alaimo (3º Eso).

Camilo Pablo Rodríguez Espasandín (1º Bacharelato).

Sonia Beatriz Ramos Mouzo (Módulo II de educación para persoas adultas).

Bárbara Iglesias Pérez (1º Ciclo Medio – Xestión Administrativa).

Paula Quintáns Prieto (1º Ciclo Superior – Administración e Finanzas).

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?