Entregados en Laxe os premios do 16º certame poético Antón Zapata

A praia dos Cristais de Laxe acolleu a entrega de premios da 16ª edición do certame de poesía Antón Zapata dentro do Solpor Poético 2022.

Nesta edición houbo unha persoa gañadora dentro de cada unha das tres modalidades nas que se podía participar:

Infantil. ‘Fermoso lugar’, de Sofía Souto Pose (Cabana de Bergantiños).

Xuvenil. ‘O mar’, de Noé Souto Pose (Cabana de Bergantiños).

Adulta. ‘A mirada perdida’, de Fernando Pintos Recarey (Santa Comba).

En total repartíronse tres premios de 100 euros en material de lectura e escritura a cada unha das persoas gañadoras ademais dun diploma e un agasallo institucional.

Entre os requisitos solicitábase que o texto presentado fora orixinal, inédito e non premiado, cunha extensión de entre 20 e 150 versos. A temática era libre e o poema tiña que estar titulado e asinado cun pseudónimo e escrito en galego, preferiblemente.

O xurado estivo formado por tres persoas traballadoras do Concello vinculadas ao departamento de Cultura.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha