Entregados en Vimianzo os premios do concurso de postais de Nadal

Imaxe da entrega de premios do concurso de postais de Nadal_Concello de Vimianzo

  • Jimena Chao Lado foi a gañadora da IX edición do certame, e a súa postal será a imaxe oficial de Nadal do Concello para o ano 2021

Este mércores entregáronse na Casa da Cultura de Vimianzo os premios do IX Concurso Anual de Postais de Nadal, dirixido á rapazada de educación Infantil e Primaria. En total participaron 80 postais, e todos os gañadores recibiron como agasallo material didáctico.

Jimena Chao Lado, de 8 anos de idade, alzouse co primeiro premio. A obra desta alumna do CEIP Baíñas será a imaxe oficial de Nadal do Concello para o ano 2021. Así mesmo, en cada unha das catro categorías do concurso establecéronse dúas persoas premiadas:

Categoría A (4º,5º e 6º Educación Infantil): Joey Trillo Amigo do E.I. Carnés, e Carla Baña Rodríguez do CEIP San Vicenzo.

Categoría B (1º e 2º Educación Primaria): Carmen Manuela Lavandeira Trillo e Raúl Platas Vázquez, ambos do CEIP San Vicenzo.

Categoría C (3º e 4º Educación Primaria): Mateo Monteagudo Mouzo, do CEIP San Vicenzo, e Jimena Chao Lado.

Categoría D (5º e 6º Educación Primaria): Sara Infante Gándara e Nerea Pérez Muñoz, ambas do CEIP San Vicenzo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha