Entregados en Vimianzo os premios dos microrrelatos contra a violencia machista

1 minutes read
  • Entre os premios atópanse ceas ou xantares para dúas persoas

Na mañá deste mércores o Concello de Vimianzo fixo entrega dos premios ás gañadoras do «Concurso de Microrrelatos contra a violencia de xénero».

O primeiro premio, unha estancia dunha noite para dúas persoas, recaeu para Estefanía Martínez pola súa obra ‘Vidas perdidas’. ‘Reminiscencias’, de Carmen Toba, conseguiu unha cea/xantar para dúas persoas; e o terceiro premio, consistente nunha bolsa de produtos, entregóuselle a Lorena Cernadas por ‘Amencer’.

Ao acto acudiron a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco, e a edila de Benestar Social, María José Pose, ademais das persoas que integraban o xurado.