Entregados na Laracha os premios da terceira edición do programa ‘Agasalla comercio local, ren premio’

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Promoción Económica, Rocío López, fixeron este venres entrega dos premios da terceira edición do programa Agasalla comercio local, ten premio ás persoas agraciadas no sorteo realizado entre todas as tarxetas rasca e gaña que foran depositadas nas urnas habilitadas nas tres bibliotecas municipais, que foron os seguintes:

  • Experiencia cultural (estancia dunha noite en hotel en Madrid e dúas entradas para asistir ao espectáculo El Rey León): Irene Vilariño Martínez.
  • Experiencia turística (estancia de dúas noites para dúas persoas con acceso a spa no Augusta Eco Wellness Resort de Sanxenxo): Noelia Cambón Morales.
  • Experiencia gastronómica (cea/comida para dúas persoas): Alejandro Amado Villaverde.

O Concello impulsou esta iniciativa co triplo obxectivo de sensibilizar á poboación sobre a importancia de facer as compras no comercio de proximidade, atraer e fidelizar á clientela e subvencionar as compras dos cidadáns durante o Nadal e as datas previas ás Festas.

Puxéronse a disposición dos establecementos adheridos un total de 15.000 tarxetas rasca e gaña para entregar aos clientes por cada compra de dez euros. 1.500 desas tarxetas contiñan un premio directo de dez euros para consumir no comercio local e nos servizos de proximidade, outras 55 contiñan premios directos con agasallos cedidos polas empresas participantes no programa (produtos que se comercializan nos propios establecementos, tarxetas regalo e vales desconto) e para as 13.455 restantes ofrecíase a oportunidade de depositalas nas urnas cos datos persoais para entrar no sorteo dos tres regalos entregados este venres.

Related posts

Dúas persoas feridas, unha delas excarcerada, tras un accidente entre dúas furgonetas en Dumbría

A Biblioteca Rego da Balsa de Carballo volve abrir o seu Curruncho Pop

USO alerta do agravamento do desemprego na Costa da Morte: máis de 5.000 persoas no paro