Entregados os galardóns aos premiados no programa Xuventude Crea

A conselleira de Política Social, Fabiola García, entregou os galardóns aos premiados este ano no programa Xuventude Crea, onde animou ás mozas e mozos a participar neste programa para descubrir os novos talentos de Galicia. Durante o acto, celebrado hoxe na Cidade da Cultura, os gañadores nas 14 categorías puideron expoñer a súa experiencia e presentar as súas creacións.

Na categoría de Cociña, o primeiro premio foi para Shewit Pérez Izaguirre, polo seu prato Brisa Marina; en Banda deseñada, o principal galardón foi para Miguel Pérez Ramudo, pola obra Joaquín Vaamondeo, unha promesa truncada da Xeración Doente; e na especialidade de Artes plásticas, o primeiro premio recibiuno Adriana Bratuas Arijón, pola súa obra A memoria do baleiro.

Pola súa banda, en Fotografía o primeiro premio foi para Helena Lafuente pola súa creación O pasado esquecido; en Moda a gañadora do primeiro galardón foi Ana Mª Vázquez pola súa creación Hand(some); na especialidade Deseño de moda o primeiro premio recibiuno Sofía Rivas, pola obra Xénese; en Música o premio foi compartido entre Amorodo, cos temas Estilo amorodo e Quero e Battosai, polos temas Cuanto tiempo e Deixa xa de molestar.

Por último, o gañador na modalidade de Graffiti foi Javier Caamaño coa obra Raposo; en Videocreación, o primeiro premio foi para Carlota Álvarez Feijóo pola obra Zafirada; en Teatro gañou o grupo Palimoquiños e Cía pola representación de Os miserables; en Novela Curta o gañador foi Adrián Gómez Ramos coa novela Cando sangren os lobos; en Poesía o primeiro premio recibiuno Ciro Fernández por A bóveda do ceo; en Videoxogos gañou Elvia co videoxogo Odal; e en Danza Modera, gañou Mera coa obra Litost.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha