40
- A plataforma de venda online conta con máis de 1.300 produtos de comercios locais
A concelleira de Comercio do Concello de Camariñas, Lara Pasantes, fixo entrega de 10 vales con 40 euros cada un entre aquelas persoas que participaron nun sorteo coas súas compras de Nadal na plataforma online ‘Mercamariñas’, unha páxina web con máis de 1.300 produtos subidos de tendas locais.
Os vales poderán canxearse en calquera dos locais de hostalería do municipio, contribuíndo «a dinamizar estes dous sectores», destacan desde a Alcaldía. Entre os premiados atópanse clientes de varias localidades da contorna como Muxía, Camariñas, Xaviña, A Ponte do Porto ou Cee.