Entregados os premios da campaña comercial ‘Este Nadal merca en Baio’

1 minutes read

As Torres do Allo acolleron a entrega dos premios da campaña comercial “Este Nadal merca en Baio”, impulsada polo Concello de Zas. En total repartíronse 2.000€ en premios repartidos en cheques de 200€ que se poderán canxear ata o 29 de febreiro en calquera dos establecementos do Concello de Zas (comercios, hostalería, clínicas,…).  Ao acto asistiron representantes dos comercios de Baio e tamén membros do equipo do Goberno do Concello de Zas. O Alcalde, Manuel Muíño, aproveitou a ocasión para darlle os parabéns e tamén para agradecer a todas as persoas que participaron na campaña e apostaron polo comercio local para as súas compras de Nadal.

Estas foron as persoas que resultaron gañadoras:

  • Sheila Regueira, de Olveira (Dumbría)
  • Mª Victoria Rey, de San Martiño de Meanos (Zas)
  • Mª Virtudes López, de Mira (Zas)
  • Isaura Mira, de Nantón (Cabana)
  • Beatriz Mato, de O Couto (Ponteceso)
  • María Cernadas, de Pasarela (Vimianzo)
  • Ana Vázquez De La Fuente, de Baio (Zas)
  • Ángel Lema, de Pazos de Tines (Vimianzo)
  • Lucían Miranda, de Baio (Zas)
  • Francisco Ramos, de Carballo 
Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?