Entregados os premios da sétima edición do Petisquiño, o Concurso de Tapas de Vigo

1 minutes read

O evento celebrouse no hall do Auditorio Mar de Vigo. Alí, a coordinadora do Petisquiño, Celia Cabrera, trasladou que os organizadores están “contentos coa participación e a aceptación espectacular na rúa” do certame deste ano e valorou a “incrible calidade das tapas” a concurso, que permite que “cada ano o nivel sexa mellor”.

Pola súa banda o alcalde, Abel Caballero, felicitou á hostalería “polo comportamento que tedes” e recordou a “dureza patente” deste ano e medio de pandemia. O alcalde explicou que “a hostalería non é a transmisora do repunte dos contaxios” e avanzou que “non queremos que se estableza ningunha medida que non vai resolver o problema”, posto que o incremento actual dos casos de Covid “non ten que ver” co sector. Para pechar a súa intervención, o alcalde enviou unha mensaxe de unidade: “Sigamos compactados facendo marca turística Vigo, porque é o mellor que nos pode suceder”.