Entregados os premios do concurso de Escaparates de Nadal 2020 de Coristanco

Entrega premios concurso de Escaparate de Nadal_Coristanco

  • Entre outros puntos valorouse a orixinalidade, a calidade artística e a eficacia comercial

Este venres entregáronse os premios do concurso de Escaparates de Nadal 2020 no Concello de Coristanco. Peluquería Patricia conseguiu o primeiro posto, seguida por Manualidades As Fías e Peluquería Berta.

Os puntos clave á hora da valoración foron a orixinalidade, a calidade artística, a iluminación, o esforzo e a eficacia comercial.

Os concursantes Agro-Xardín Riveiro, Salón Lorena Varela e Farmacia Catrain tamén recibiron un agasallo pola súa participación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha