Entregados os premios do concurso de postais de Nadal da Laracha

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e a concelleira de Ensino, Cultura e Deportes, Patricia Bello, fixeron entrega dos doce agasallos aos premiados no concurso de postais de Nadal organizado polo Concello e no que se convidou a participar ao alumnado dos tres colexios do termo municipal. O acto celebrouse na Casa da Cultura da Laracha.

En todos os casos os premios consistiron en libros, material educativo e xogos adaptados ás idades dos gañadores.

O xurado que valorou todos os traballos presentados e outorgou os premios estivo formado por persoal técnico municipal e representantes dos CEIPs Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e Caión.

Relación de premiados por categorías:

Categoría A (educación infantil, premios de carácter colectivo ás aulas)

  • Aula de 4º de infantil do CEIP Alfredo Brañas.
  • Aula de 5º de infantil do CEIP Otero Pedrayo.
  • Aula de 6º de infantil do CEIP de Caión.

Categoría B (1º e 2º de primaria)

  • Laila Blanco Lago (1º do CEIP de Caión)
  • Helena Carracedo Añón (2º C do CEIP Otero Pedrayo)
  • Gabriela Díaz Montes (2º do CEIP Alfredo Brañas)

Categoría C (3º e 4º de primaria)

  • Daniela Mallo Mallo (4º do CEIP de Caión)
  • Alejandro Varela Añón (4º do CEIP Alfredo Brañas)
  • Leia García Nogareda (4º C do CEIP Otero Pedrayo)

Categoría D (5º e 6º de primaria)

  • Aroa Rojo Pérez (6º do CEIP de Caión)
  • Alba Vázquez Gende (6º A do CEIP Otero Pedrayo)
  • Román González Otero (6º do CEIP Alfredo Brañas)

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha