Entregados os premios do sorteo ‘Merca Primavera Malpica’

Este luns, 30 de xuño, tivo lugar na Casa do Concello de Malpica a entrega das 5 tarxetas regalo de 200 € aos gañadores/as do sorteo da campaña «Merca Primavera Malpica». Cada persoa premiada poderá gastar a súa tarxeta nos establecementos participantes. O alcalde, Eduardo Parga, participou no acto agradecendo a todos/as a súa participación e o apoio ao comercio local.

Related posts

Zas acolleu a presentación do libro “Que quede entre nós”

O Festival de Humor da Laracha regresará no mes de maio

A parroquia de Carballo cede un local á asociación Un Paso Máis para facilitar a súa actividade social