O Concello de Cabana de Bergantiños repartiu as cestas de Nadal entre as persoas gañadoras dos concursos de decoración e de postais promovidas durante as pasadas festas de Nadal.
No certame ‘Decora a túa casa no Nadal’, impúxose a proposta de Helenca Martínez Lema, seguida de Pilar Álvarez Alvarellos e Sandra Estramil Riobó, no segundo e terceiro posto respectivamente.
Pola súa parte, Felipe Gómez Mourelle, Idoia Abeleira Suárez e María del Carmen Méndez Fariña integraron, os primeiros postos do concurso ‘Crea a túa postal de Nadal’, en categoría infantil, xuvenil e adulta, respectivamente.
Desde o goberno local mostran a súa satisfacción pola “cantidade e calidade de propostas recibidas” e fan fincapé no “inxenio e bo facer da nosa veciñanza para darlle máis luz e cor a unhas datas tan sinaladas como o Nadal”.