O deputado de Transición Ecolóxica e Emprego, José Ramón Rioboo, participou en Oleiros na entrega dos premios Emprende Coruña 2021, organizados por AJE Coruña.
Rioboo, que foi tamén membro do xurado dos galardóns, destacou o elevado nivel das candidaturas presentadas, felicitou aos gañadores e agradeceu «a contribución dos emprendedores e emprendoras ao benestar social e o progreso económico da provincia da Coruña e de Galicia».
«Na Deputación cremos coma vós que é importante premiar o esforzo e recoñecer a importancia de promocionar o talento emprendedor para que xere emprego e oportunidades na nosa terra», afirmou o deputado, que felicitou tamén a AJE por manter durante vinte e dous anos un galardón que pon en valor a inovación, o esforzo, a creatividade, a xeración de emprego e a responsabilidade social corporativa das nosas empresas».