Entregados os seis cheques-compra aos gañadores da campaña de Samaín do CCA Carballo, “Truco outrato?”

O Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo fixo entrega este venres, 7 de novembro, ás 19.30 horas, dos cheques-compra aos seis gañadores do sorteo da campaña de Samaín “Truco ou trato?”. O acto celebrouse na tenda de moda infantil Teirón, situada na rúa Valle Inclán.
Os premiados —Ana Belén García Tasende, Jessica Varela Abelenda, Sandra Brandón Varela, Noelia Canedo Rodríguez, Carlos Baldomir Sánchez e Sandra Tarrío Rodríguez— recibiron un cheque de 50 euros para gastar nos máis de 95 establecementos asociados ao CCA Carballo.
Durante a campaña, desenvolvida entre o 20 e o 31 de outubro, foron moitos os nenos e nenas que gozaron buscando as letras agochadas nos 38 escaparates participantes, unha actividade que lles fixo moita ilusión, ao igual que aos pais e nais que recibiron con alegría o momento da recollida dos premios.
Desde o CCA Carballo agradecen a boa acollida desta campaña entre a veciñanza, así como a implicación de todos os comercios adheridos, e a colaboración unha vez máis da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Carballo.

Related posts

Vieiro pon en funcionamento o programa “Pais e Nais no Océano Educativo”

Detectado un foco de gripe aviaria en Cee

Vimianzo acenderá as súas luces de Nadal o vindeiro 5 de decembro