Entregados os XXX Premios San Martiño de Normalización Lingüística

Este xoves tivo lugar o acto de entrega dos XXX Premios San Martiño de Normalización Lingüística, que nesta edición recaeron no docente e investigador José Manuel Bértolo Ballesteros, na modalidade A Estrada e Comarca de Terra de Montes; o colectivo Rompente, na de Galicia Enteira, e o programa radiofónico Sempre en Galicia, de Montevideo, na de Toda unha vida.

O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Valentín García, destacou a importancia destes premios que foron concibidos para a promoción da lingua galega, e respecto aos galardoados salientou que son “dignos merecedores desta distinción e agradecemento polo traballo que levan xa tantos anos facendo a prol da cultura en galego”.

O acto, presentado por Chus Bascuas e amenizado pola actuación de Guadi Galego, tivo lugar no Teatro Principal da Estrada. Canda o secretario xeral tamén participaron no acto o alcalde da Estrada, José López Campos; o representante do padroado, Iván Sanmartín, e os galardoados: José Manuel Bértolo, Antón Reixa e Alberto Avendaño, en representación de Rompente, e Manuel Suárez, en nome de Sempre en Galicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha