Entregan miles de firmas nunha iniciativa popular local en defensa do territorio da Laracha

2 minutes read

A Plataforma Stop Biogás A Laracha acompañada de varios veciños e veciñas, presentaron unha Iniciativa Popular Local xunto coas 2.000 firmas que a sustentan, co obxectivo de solicitar nun Pleno extraordinario que se inicien os trámites e estudos necesarios para a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) da Laracha, co obxetivo de prohibir a instalación de plantas industriais de xestión de residuos para a producción de biogás, e similares, en solo rústico no municipio e que afectan a núcleos de población e ao patrimonio. Ademais, esta iniciativa insta á suspensión cautelar inmediata no outorgamento de licenzas para estas industrias mentres se leve a cabo o estudio e tramitación da modificación do PXOM.

“Outro paso máis na defensa do noso territorio e da nosa veciñanza”- afirman dende a Plataforma, que quere agradecer a implicación de todas e cada unha das persoas que asinaron e que recolleron e custodiaron estas sinaturas, no que supón unha acción máis na súa loita contra este proxecto de macroplanta de biogás en Soandres e que pretenden garantir que proxectos así, en lugares así, non se poidan implantar.


As actividades continúan este sábado 8 de agosto ás 12:30 cun “Abrazo á Auga 2026” no entorno do río Anllóns, na Área Recreativa de Gabenlle. Esta actividade reivindicativa quere poñer o foco na defensa dos ríos e os seus ecosistemas, e realízase en colaboración con Ecoloxistas Galicia “Atlántica e Verde”, enmarcado nas acción previas ao IV Encontro Burla Verde, que terá lugar o 5 e 6 de setembro en Mazaricos.


Por outra banda, o vindeiro xoves 13 de agosto realizarán a IV Cadea Humana no Río Anllóns na mesma Área Recreativa de Gabenlle, recordando cada día 13 de cada mes, o día que saíu a exposición pública o proxecto da macroplanta que pretenden intalar na parroquia de Soandres.

Datos para AXENDA: -Abrazo á Auga 2026, sábado 8 de agosto na Área Recreativa de Gabenlle (A Laracha) -IV Cadea Humana contra o proxecto de biogás en Soandres, Área Recreativa de Gabenlle (A Laracha)