Este mércores volven os Ratos de Lonxedetodo á Biblioteca Rego da Balsa co espectáculo «Cueiros de cores». Funcións as 17.00 e ás 18.30 horas. Últimas prazas para a primeira función, con inscrición de balde no 981 758 580.
O venres 22, o Apalpador en Carballo! Directamente dende as montañas de Lugo para falar sobre árbores e respecto polo medio. Será a partir das 16.30 horas no poboado de Nadal.
Despois da visita do Apalpador, obradoiro de Apego na planta alta do mercado municipal coas asociacións Nemeth e Escola do Alprende e unha chea de familias, e gran foliada aberta a partir das 18.30 horas coa colaboración das asociacións Nemeth, Escola do Alprende, San Campio de Cances e Arume de Verdillo.
Os días 22, 23 e 24 abrirán as casiñas do poboado de Nadal para que poidas mercar chocolate e galletas artesás, pero se fas a compra no comercio local a partir do xoves 21 poden saírche de balde, porque hai 91 comercios colaboradores (van aumentando) nos que premiarán a túa compra cun vale para un deses dous produtos locais. E máis sorpresas.