Enviados 1.000 metros de encaixe aos deseñadores noveis da Mostra de Camariñas

0 minutes read
  • O evento terá lugar do 13 ao 17 de abril

O Concello de Camariñas quenta motores para edición número 31 da Mostra do Encaixe. Unha dos seus últimos cometidos foi o envío de 1.000 metros de encaixe aos 25 participantes do 28º Concurso de Noveis Deseñadores, que terá lugar do 13 ao 17 de abril.

Algúns dos deseñadores, que veñen de diferentes partes de España e cunha formación académica excelente, xa recibiron o tecido para comezar a deseñar. Desde o departamento da Mostra animan aos creadores a «xogar coa versatilidade do encaixe» mentres agardan con expectación o resultado final.