Malia o estado no que quedou o vehículo, envorcado lateralmente, os rapaces e rapazas de entre 12 e 16 anos que viaxaban no interior xunto cos seus docentes puideron saír do vehículo polos seus propios medios. Iso sí, algúns deles recibiron algún golpe, polo que recibiron asistencia dos profesionais médicos.
Segundo os datos recollidos no 112 Galicia, este sinistro produciuse na EP-6002, en Viñoa, Lalín, ás 9:30 horas desta mañá, cando os alumnos e o profesorado acudían a unha visita fóra do seu centro, o Instituto de Forcarei. Por razóns que aínda se descoñecen, no camiño entre a Estación de Viñoa e Botos, o autocar desequilibrou e envorcou sen que ninguén quedase atrapado.
Con todo, dous rapaces e un adulto sufriron pequenas lesións, cortes e golpes, dos que foron atendidos polos equipos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se dirixiron ao lugar do accidente logo de recibir a alerta no 112 Galicia.
Tamén acudiron os Bombeiros do Deza, aos membros do GES de Lalín e os axentes da Garda Civil e Policía Local. Cómpre indicar que toda a pasaxe ía protexida cos sistemas de retención obrigatorios.