Envorca un camión cargado de porcos en Zas

No concello de Zas, as condicións da estrada tamén contribuíron para provocar outro accidente. Esta vez, un camión que transportaba porcos saíuse da vía na estrada que une as localidades da Piolla e Zas sen que ningunha persoa resultara ferida.

Segundo a información facilitada pola persoa que chamou ao 112 Galicia, ao darse conta de que perdera o control do vehículo por mor do xeo, o condutor abandonou o camión, que rematou envorcado nunha leira. Tras o impacto, algúns dos animais terminaron fugándose.

Así, para restablecer as condicións de seguridade na vía, ata o lugar dos feitos desprazáronse os axentes da Garda Civil de Tráfico e tamén os efectivos de Protección Civil de Zas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha