Envorca un tráiler na saída da autovía en Montecelo

O accidente produciuse ás 11 da mañá deste xoves e o condutor do camión, único ocupante do mesmo, resultou ileso. O sinistro foi moi aparatoso polo volume do vehículo pesado, pero non interrompeu a vía, dado que case quedou envorcado fóra do carril e a carga non se espallou, pero producíronse retencións puntuais. O tráiler dirixíase a Santa Comba, cargado con 30 toneladas de pacas de palla. Segundo as primeiras hipóteses e a declaración do condutor, un corremento da carga puido estar detrás do fatal desenlace. Unha vez dada a voz de alarma, o 112 Emerxencias Galicia coordinou aos distintos medios de axuda que acudiron ao lugar do accidente, a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e o servizo de obras e mantemento da autovía.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha