Envorca un turismo de madrugada na Rúa Baixa en Carballo


O coche, conducido por unha muller, esnaquizou un contedor de vidro e terminou envorcado sobre o teito. O accidente produciuse minutos antes das dúas da madrugada deste domingo. Todo indica que o vehículo se dirixía polo carril dereito, sentido ao centro do pobo, cando por causas descoñecidas e segundo a versión dunha testemuña, comezou a dar bandazos, levou por diante o grupo de contedores situados xunto á entrada lateral do Hiper Gadis e envorcou. Por sorte a condutora non resultou ferida de consideración. Ao lugar desprazouse un patrulla da Policía Local con dous axentes que sinalizaron, cortaron o carril e regularon o tráfico ata a chegada dun guindastre que evacuou ao turismo accidentado. Ao lugar tamén se desprazou unha dotación dos Bombeiros de Carballo para proceder á limpeza dos restos do accidente da vía pública.