Envorca un turismo en Bértoa

Avenida Abetos, Carballo.

Ás 11:30 da mañá deste xoves unha muller precisou asistencia momentánea tras sufrir un contratempo co vehículo que conducía, aínda que ao final, por sorte, só sufriu algunhas contusións, dado que o coche no que circulaba á altura da avenida Abetos número 64 de Carballo rozou cun noiro e quedou envorcado sobre un lateral. Dada a voz de alarma e comunicados co 112, ao lugar acudiron os servizos de emerxencia en auxilio da vítima, ademais foi necesaria a limpeza da vía por restos de aceite e combustible desprendidos do coche accidentado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha