Un ano máis, con motivo do Día mundial das Montañas, o vindeiro domingo 11 de decembro, a Coordinadora “Eólica, Así Non” convoca á sociedade galega a unha nova gran mobilización fronte a actual invasión eólica. A Coordinadora “Eólica Así Non” escolle esta data polo seu carácter especialmente simbólico na loita social contra a vaga eólica colonial que está a sufrir o país e que descorrerá baixo o lema “Na defensa das montañas. Eólica Así Non. Temos alternativa”. A cita na comarca de Bergantiños será ás 12:00 do mediodía na praza do concello de Coristanco, territorio moi dominado pola cultura salvaxe da implantación de parques eólicos de xeito insiscriminado.
Inicio Estilo de vida ‘Eólica Así Non’ convoca unha concentración en Coristanco para o domingo 11...