EQDay para “visibilizar” a contribución da Enxeñería Química á sociedade

1 minutes read

A Cidade da Cultura de Santiago acolleu este sábado a primeira edición de EQday, un evento posto en marcha polo Colexio de Enxeñeiras e Enxeñeiros Químicos de Galicia (COEQGa). Na xornada púxeose de manifesto o valor da profesión do enxeñeiro/a químico/a e a súa importancia no tecido industrial.

O evento foi inaugurado polo deputado responsable da área de Promoción Económica da Deputación da Coruña, Blas García, a secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca, o vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica da USC, Gumersindo Feijóo, e a presidenta do COEQGa, Andrea Fernández.

O EQDay quere render homenaxe aos 25 anos do inicio dos estudos de Enxeñaría Química na Universidade de Santiago de Compostela. Esta traxectoria permite ter unha canteira de enxeñeiras e enxeñeiros químicos galegos traballando nas empresas máis punteiras a nivel autonómico, nacional e internacional. Así, polas aulas da USC, pasaron estudantes que agora ocupan cargos de responsabilidade en empresas como Inditex, Repsol, Grupo Calvo, Ferroaltántica, Arcelor Mittal, Procter&Gamble, Air Products, Iberdrola, entre outras.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?