Equiocio 2019 impulsa o turismo deportivo na comarca de Ferrolterra

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presidiu este domingo en Ferrol a entrega de premios do Trofeo Hípico Turismo de Galicia celebrados por vez primeira no marco de Equiocio 2019, onde puxo de manifesto a importante contribución deste evento para impulsar o turismo deportivo na comarca de Ferrolterra. Puxo en valor o traballo da organización por reforzar a vertente turística deste evento na edición deste ano, onde non só se aposta por este tipo de turismo, senón tamén polas actividades vinculadas coa natureza e a sustentabilidade, así como de corte gastronómico coa incorporación da I Festa do Marisco de Ferrol e a música. O concurso hípico incluíu probas nacionais e territoriais da Federación Galega de Hípica.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha