Un incendio urbano de dimensións considerables produciuse minutos antes das dez da mañá deste martes no número 8 do lugar de Arganosa na parroquia carballesa de Rus. O 112 Emerxencias Galicia activou o protocolo de seguridade e ao lugar desprazáronse de inmediato os Bombeiros do Parque de Bértoa e Protección Civil de Carballo. Segundo fontes próximas o foco do lume céntrase en varios restos acumulados próximos a unha vivenda e debido ás altas temperaturas alcanzadas no lugar os servizos de extinción traballaron sen descanso toda a mañá para refrescar a zona e evitar a reavivación e propagación do lume, algo que se repetirá, por prevención, ao longo de todo o día, en principio só cabe destacar danos materiais. Entre os restos acumulados había chatarra, numerosas bombonas de gas,
extintores, electrodomésticos, neumáticos e 3 vehículos inservibles. Os Bombeiros empregaron 17.000 litros de auga na extinción.