ERC absterase e permitirá a investidura de Pedro Sánchez

1 minutes read

Así o decidiu o Consello Nacional do partido, que se reuniu na tarde deste xoves para votar o acordo ao que chegaron os republicanos co PSOE tras varias semanas de negociacións. A militancia avalou ese pacto, e iso significa que autoriza os deputados a que se absteñan na segunda votación para facilitar a investidura de Sánchez. O Partido Socialista acordou con ERC a creación da prometida mesa de gobernos para debater a situación en Cataluña nun prazo máximo de quince días tras a formación do novo Executivo. Como mecanismo de seguimento, haberá unha consulta, legal e pactada, aos cataláns, que serán os que validarán os acordos que se tomen.