ERC e PSC asinan a paz e acordan desbloquear os Orzamentos


O Govern de Pere Aragonès (ERC), chegou a un acordo co PSC, que lidera o exministro de Sanidade Salvador Illa, para desbloquear a aprobación dos Orzamentos da Generalitat de Cataluña para 2023. Aragonès e o lider da oposición no Parlament abren así unha nova etapa na política catalá, xa sen Junts per Catalunya (JxCat) como socio prioritario do Govern, cun acordo que deberá respectar o outro pacto asinado en paralelo entre ERC e En Comú Podem.

Os eixos do pacto, que garante o apoio dos 33 deputados socialistas, son: potenciar o desenvolvemento económico de Tarragona, garantir a execución dos traballos para completar o corredor Mediterráneo e a continuidade do proxecto do Hard Rock, mellorar a mobilidade do comarcas como o Vallès Occidental e o Baix Llogrebrat, que contemplan a execución da estrada B-40, e a «modernización» do aeroporto do Prat ou melloras en Proximidades de Renfe.

O contido do acordo entre o PSC e ERC recóllese en dous documentos, un de 26 páxinas sobre as medidas estritamente orzamentarias, e outro de tres páxinas cos compromisos para impulsar «grandes infraestruturas de país» que os socialistas poñían como condicións para pactar.