ERC e PSOE ultiman o acordo para intentar a investidura canto antes


Diferentes medios apuntan a que Esquerra está disposta a permitir a investidura de Pedro Sánchez tras coñecer a opinión da Avogacía do Esstado sobre Oriol Junqueras. Podería haber investidura nunha semana.

ERC descarta convocar o súa Consell Nacional antes de fin de ano, un paso “imprescindible” para pechar un acordo de gobernabilidade co PSOE, explicaron fontes republicanas. “ERC analizará internamente nos próximos días a proposta e o estado da negociación, pero descarta que se faga o Consell Nacional imprescindible para pechar un posible acordo antes de acabar o ano”, explicaron as mesmas fontes. Os republicanos están á espera de que se faga público o informe da Avogacía do Estado sobre a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea a preto da inmunidade do presidente de ERC, Oriol Junqueras.