ERC pídelle ao Goberno amnistía para os presos do “procés”


Seguen as reaccións políticas á suspensión do terceiro grao a cinco dos presos do procés. Junqueras, Romeva, Forn, Jordi Sánchez e Jordi Cuixart xa non poden saír, durante o día, do cárcere de Lledoners, como fixeron nas últimas semanas.

A decisión do Xulgado de Vixilancia Penitenciaria foi cualificada polo líder de Podemos, Pablo Iglesias, como unha “mala noticia para o diálogo”.

Para o deputado de En Comú Podem Jaume Asens, “iso non é un acto de xustiza, é un acto de vinganza que nos afasta dunha solución política ao conflito que vive Cataluña”.

Dende o independentismo, pídenlle ao Goberno que apoie unha amnistía para os encarcerados. No Congreso, o deputado Gabriel Rufián instaba o executivo a “ser máis valentes. Onde non hai xustiza non pode haber paz. Deixen de calar”.