O presidente turco, Recep Tayyip Erdogan afirma que Kiev merece entrar na OTAN, pero tamén insta a Zelenski a establecer conversacións de paz con Moscova. Os dous dirixentes falaron tamén de ampliar o acordo de exportación de cereal.
“Nunha paz xusta non hai perdedores. A pesar das diferenzas de entendemento entre ambas as partes, é o noso sincero desexo que ambas as partes volvan ás conversacións de paz”, aseguraba Erdogan. “Rusia estivo bloqueando o movemento de barcos con alimentos a través de corredores no Mar Negro tanto como foi posible (…) Os pobos da nosa rexión necesitan esforzos máis significativos para limitar as ambicións agresivas de Rusia”, afrimaba Zelenski.
Tanto Zelensky como Erdogan queren prorrogar o acordo con Rusia, mediado polas Nacións Unidas e Turquía,en virtude do cual permitiuse a Ucraína enviar gran aos mercados mundiais durante a guerra. O acordo expirará o 17 de xullo a menos que Rusia acepte a súa renovación.