Erdogan anuncia o adianto dos comicios en Turquía

Turquía aínda non se recuperou da enorme traxedia dos terremotos do 6 de febreiro pero iso non impediu ao presidente Recep Tayyip Erdogan adiantar as eleccións xerais e presidenciais cinco semanas antes. O mandatario alegou que o cambio de data evitaría un choque coas festividades da peregrinación á Meca. Sobre a intención de voto, a maioría das enquisas recentes dan como gañador ao candidato da coalición opositora, Kemal Kiliçdaroglu, ao que lle outorgan ao redor do 55% dos votos. Mentres que, segundo as sondaxes, Erdogan recibiría entre o 43 e o 45%. A popularidade do actual mandatario viuse afectada pola xestión da crise dos terremotos. Erdogan recoñeceu que se cometeron erros no seo do Gobierno e pediu un voto de confianza para a súa reelección.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha