Erdogan entrega a solicitude de acceso de Suecia á OTAN

O presidente turco, o islamita conservador Recep Tayyip Erdogan, asinou este luns o protocolo de ratificación do acceso de Suecia á OTAN e entregouno ao Parlamento para a súa votación, informou a oficina de comunicación da Presidencia de Turquía en Ankara.

Erdogan indicara nas últimas semanas que -tras meses de bloqueo- dará o seu visto e prace ao acceso do país nórdico «se EEUU cumpre as súas promesas», aínda que sempre matizou que a decisión final tomarase no Parlamento, onde o seu partido, o AKP, ten maioría xunto co seu aliado, o ultranacionalista MHP. 

Entre as «promesas» estadounidenses alegadas por Erdogan poderían figurar algunhas das peticións realizadas a Washington polo líder turco, entre elas a venda de cazas F-16 bloqueada desde hai anos polo Congreso de EE.UU.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha