Érguete retoma o servizo de orientación laboral para as persoas en proceso de excarceración

Imagen de archivo de la Fundación Érguete Carballo_Concello

  • É un dos 14 proxectos promovidos por entidades sociais que subvenciona este ano o Concello de Carballo

A fundación Érguete retoma este mes en Carballo o programa de orientación laboral e xestión de competencias para a inserción sociolaboral de persoas en proceso de excarceración ou que finalizaron condena. O Concello de Carballo colabora cunha subvención de 1.668 euros, que cubre a totalidade do proxecto.

Desde a entidade explican que o programa «vai dirixido a dez persoas de Carballo e a súa contorna en réxime de semi-liberdade ou que remataron a súa condena». Así, do 8 deste mes e ata o 17 de decembro desenvolveranse varias actividades para mellorar a empregabilidade e as competencias persoais destas persoas de cara «á inserción social e laboral, facilitando a súa integración na comunidade».

O servizo enmárcase dentro da necesidade que Érguete detectou durante a súa intervención no centro penal de Teixeiro e o Centro de Inserción Social da Coruña, onde unha porcentaxe das persoas atendidas son da comarca.

O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Igualdade e Benestar, financia este ano con 60.000 euros un total de 14 proxectos presentados por outras tantas entidades sociais que traballan na localidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha