Erika Gómez materializará na Mostra de Camariñas que a moda sostible tamén encaixa

A deseñadora vasca Erika Gómez é a alma máter de ‘Twin and Chic’, firma de moda pensada para os máis pequenos e tamén é promotora do encaixe en tecido sostible. Ela traballa o algodón orgánico, dermosaudable e que presenta grandes beneficios para a pel dos nenos.  

Ela, que acudirá por primeira vez á Mostra do Encaixe de Camariñas, amósase moi ilusionada por participar neste evento. A través de Blanca Gómara, outro dos nomes relevantes nisto da moda sostible, púxose en contacto co mundo do encaixe camariñán e decidiuse. “La artesanía es algo que merece la pena potenciar, sobre todo la local. Si además unimos esto a la sostenibilidad, pues mejor que mejor”, destaca.   

Erika Gómez sempre buscou tecidos que teñen un maior impacto positivo para os nenos e para o medio ambiente. “Nuestra marca está pensada para los más pequeños, y nuestro lema es El futuro es para los niños”, explica.   

O que espera desta mostra é que se fale da posibilidade de que unha nova moda é posible. Mesturando tradición e modernidade, camiñando cara unha forma de traballar as teas que sexa respectable para o Planeta.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha