Eriksen, estable tras desmayarse no partido Finlandia-Dinamarca


O xogador de fútbol danés, Christian Eriksen, atópase esperto e estable nun hospital en Copenhague, así o informou a Federación Danesa de Fútbol. O seu pai díxome que está a respirar e que pode falar. Esa é a noticia coa que estamos felices, nestas circunstancias. Iso é todo o que sei”, dixo o representante do xogador, Martin Schoots, á radio neerlandesa NPO 1.
Eriksen protagonizou un aterrador momento durante o partido da Eurocopa entre Finlandia e Dinamarca este sábado, cando se esborrallou no medio do campo por causas que aínda non foron esclarecidas. O mediapunta danés estivo inconsciente por varios minutos, o que produciu unha gran consternación entre os seus compañeiros e a fanaticada. Os médicos practicáronlle unha masaxe cardíaca antes do seu traslado ao hospital. O Dinamarca-Finlandia da Eurocopa, correspondente á primeira xornada do grupo B, foi suspendido temporalmente tras a caída fulminante de Eriksen aos 43 minutos de xogo, aínda que a UEFA comunicou a súa continuación para as 20.30 CET onde Finlandia resultou gañadora cun gol de Joel Pohjanpalo (0-1).