Errejón concorrerá ás eleccións do 10-N como Más Madrid

Xa está decidido: a cita electoral do 10 de novembro servirá para a presentación dunha nova forza política. Así o acordaron este domingo cincocentos cargos públicos e militantes de Más Madrid, o partido de Íñigo Errejón e Manuela Carmena. É a súa resposta ao fracaso nas negociacións entre o PSOE e Unidas Podemos. Dixo a concelleira por Madrid Inés Sabanés: «Gustaríanos non ter que estar ahora aquí, porque preferiamos que houbese un acordo electoral que garantise un goberno de progreso no noso país».

Tras sentaren este domingo as bases da súa oferta, queda para o mércores decidir en asemblea en que circunscricións se presentarán, con que aliados e con que candidato, aínda que todo apunta a que será Errejón. Rebaten as acusacións de dividir o voto asegurando que serán fundamentais para combater a abstención. Dixo Sabanés: «Vimos sumar, nin dividir nin restar. Sumar, cubrir espazos de abstención que son o principal risco que se está producindo neste momento».

Aínda que o desacordo entre o PSOE e Unidas Podemos está detrás do salto de Más Madrid á escena política española, os seus promotores aseguran que non farán unha campaña de botarlle as culpas a ninguén.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha