33
Iñigo Errejon pediu este venres na Coruña que os partidos políticos aclaren que van facer para impedir unhas terceiras eleccións. O candidato de Más País e a cabeza de lista pola Coruña, Carolina Bescansa reiteraron que os votos do seu partido están destinados a romper o bloqueo e facilitar un goberno progresista. Errejón dixo que a xente non entendería que se lle puxera en bandexa á dereita uns terceiros comicios.