44
O ano comeza cun plan de axuste de emprego na fábrica de Sellantis Vigo, que conta con mais de 7.000 traballadores.
Empresa e sindicatos comezaron a negociar as condicións dos mecanismos , que pasan por un Expediente de Regulación de Emprego, e un ERTE. A dirección propón un ERE con baixas voluntarias que suporía a extinción máxima de 100 contratos ao que poderían acollerse traballadores de todas as áreas da factoría.
O segundo mecanismo de axuste sería un Expediente Temporal de Regulación de Emprego que de entrada podería chegar ata 90 xornadas de traballo. A falta de microchips obrigou este ano pasado a parar os sistemas de montaxe entre 55 e 60 días.