ERTE en Ferroatlántica en Cee-Dumbría e Sabón dende este venres

Cee

Os sindicatos, excepto a CIG, asinaron un acordo con Ferroatlántica para a aplicación do expediente de regulación temporal (ERTE) que a empresa expón polo prezo da enerxía.

En Galicia afectará as plantas de Cee-Dumbría e Sabón. Para a CIG é un mal acordo, que non ten garantías de emprego e que deixa ás fábricas de Ferroatlántica igual que estaban ao 1 de xaneiro: con fornos parados e unha gran incerteza.

En próximas datas celebraranse asembleas de traballadores nas fábricas de Sabón e Cee para explicar o contido do acordo e os motivos polos que a CIG non asinou.

A CIG convocou unha concentración para o venres 1 de marzo na fábrica de Cee ás 12 do mediodía no marco das mobilizacións ante a crise das industrias electrointensivas.