45
Tras unha semana na que o propio adestrador Héctor Méndez, definiuna como: “algo rara, xa que cambiaron as canastras a metade da tempada», o equipo presentouse con moita ilusión na cancha. De feito os dous primeiros cuartos estiveron moi igualados, pero o terceiro pasoulle factura e ao final o acerto en triplos do rival terminou decantando a balanza a favor do Hereda-Ávila Auténtica, 63-68. Pau Isern volveu a ser o xogador Calvo do partido con 19 puntos.