Escolas Balonmán Xiria & Cruz Vermella organizan unha xornada solidaria este sábado en Carballo

Imaxe de archivo dun voluntario da Cruz Vermella

Ás 10:00 o presidente de Cruz Vermella en Carballo, Roberto Mallo, máis o vicepresidente de Escolas Balonmán Xiria, José Antonio Rodríguez, inaugurarán esta xornada solidaria na Praza do Mercado Municipal, a partir dese momento as persoas que así o estimen poderán facer efectivos os seus donativos en horario de 10 a 14 e de 16 a 19 horas.

O presidente de Cruz Vermella en Carballo, Roberto Mallo, afirmou que “Nestes meses aumentou o número de familias que se achegan a nosa entidade a solicitar axuda para cubrir as súas necesidades básicas; principalmente os productos que neste momento máis precisamos para cubrir estas demandas son os de hixiene infantil (cueiros, toalliñas…), así como de hixiene familiar (xel, champú,…). En canto aos productos de alimentación, son as conservas de verduras, de pescado (atún, sardiñas,…), aceite e leite, posto que son os máis esquecidos nas donacións e permiten que os lotes que se lle entregan as familias estén máis equilibrados».

Pola súa banda, Escolas Balonmán Xiria anima a toda a poboación a colaborar con esta campaña. «Cun pequeno xesto de cada persoa, podemos servir de gran axuda a aquelas que máis o precisan nestes momentos difíciles», afirman.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha